17/04/2016

ACTO DE PRESENTACIÓN

O pasado martes, día 12 de abril, presenciamos o acto de presentación do noso programa na biblioteca do IES Perdouro, ás 11:30. Así, todos os que formamos parte deste grande proxecto puidemos amosalo e expoñelo. Demos a coñecer a existencia do programa, ademais da do blogue, explicando os contidos de ambos: as entrevistas coas persoas relacionadas coa música do noso mundo, os distintos estilos musicais que aparecen no programa, os diferentes apartados que compoñen o blogue...

Marco Pereira e Elena Valle foron felicitados polo seu traballo, e persoas como Cristina Ramundo, quen lle axuda a Marco creando os guións en braille, déronlle o seu apoio a Marco, ademais de adicarlle fermosas palabras. Tamén deron o seu apoio e participaron neste acto persoas como Dolores Otero, Karina Parga, Belén López e María Jesús Permuy.

Sem comentários:

Enviar um comentário